Informe 2022

No informe de 2022 preséntase a evolución recente da economía galega nun contexto no que as diferentes economías, que aínda estaban absorbendo o impacto da pandemia provocada pola COVID-19, se ven sacudidas polas tensións xeopolíticas iniciadas no leste de Europa coa guerra en Ucraína. As análises que presentan os diferentes capítulos enmárcanse no rexurdir da inflación, na escalada dos prezos enerxéticos e das materias primas do sector primario, que explican boa parte do proceso inflacionista, e na consecuente resposta por parte do Banco Central Europeo subindo os tipos de xuro.

Contido