A partir de 2023, A Economía Galega. Informe publica cada ano un capítulo adicional no que varios expertos abordan unha cuestión de especial relevancia para a economía galega, e que, na actualidade, está a debate.
Informe especial 2024: Transición Industrial. A oportunidade de reindustrialización que Galicia non pode perder
O documento recolle, ademais da visión dos autores, as opinións de expertos de diferentes ámbitos que participaron nun debate sobre a transición industrial en Galicia.